Thursday 02 de May de 2024

A secretaria xeral de igualdade mantivo hoxe pola mañá unha xuntanza ca presidenta da Asociación Clara Campoamor


A secretaria xeral de Igualdade, mantivo hoxe pola mañá unha xuntanza coa presidenta da Asociación Clara Campoamor, Blanca Estrella, onde abordaron varios temas sobre a protección dos menores vítimas de violencia de xénero.

A presidenta da Asociación Clara Campoamor, puxo en valor as modificacións lexislativas oa respecto da protección dos/as menores, xa que a Lei Orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia e a Lei 26/2015, de 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, melloran a atención e a protección dos fillos e as fillas das mulleres vítimas de violencia de xénero, así como dos menores vítimas de outras formas de violencia, en particular, da trata de seres humanos.

Resaltaron que un dos aspectos máis relevantes en relación cos menores son a inclusión dos fillos e fillas das mulleres vítimas de violencia de xénero no artigo 1 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, co obxecto de visibilizar esta forma de violencia que se pode exercer sobre eles.

Tamén lembraron que se amplían as situacións obxecto de protección nas que os menores poden encontrarse a cargo da muller vítima de violencia de xénero, ao incluír o acollemento, a tutela, curatela ou garda de feito. Para Blanca Estrella, éste constitúe un avance fundamental na defensa dos dereitos das/os menores xa que dende a Asociación Clara Campoamor levan reivindicando medidas deste tipo dende fai anos.